Construe a túa marca persoal con propósito e estratexia

Data Inicio:  29/12/2025 12:00    
Data Fin:  29/12/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Nun mercado saturado, a túa maior vantaxe competitiva es ti mesmo.

Este obradoiro intensivo está deseñado para emprendedores, profesionais e calquera persoa que queira tomar o control da súa reputación e visibilidade. Aprenderás a identificar o teu Propósito e os teus Valores Únicos (o teu "Invisible"), transformándoos nunha identidade de marca clara e convincente. Abordaremos estratexias esenciais de comunicación dixital e narrativa para conectar co teu público ideal, así como métodos prácticos para xestionar a túa presenza en liña (redes sociais e redes profesionais).

Ao final, terás as ferramentas e o plan de acción que necesitas para pasar de ser un segredo ben gardado a converterte no líder visible da túa industria.

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Url do Evento: https://forms.gle/vUtvd2P1E3R66e7QA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse