Ciberseguridade V - usuarios: protexe os teus sistemas

Data Inicio:  18/12/2025 12:00    
Data Fin:  18/12/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Nós, como usuarios, xunto cos nosos empregados e outros actores que acceden aos sistemas (provedores, servizos de mantemento, xestores...), somos unha peza clave na seguridade da empresa. 

Neste obradoiro aprenderás como actuar no acceso aos sistemas e datos, e como compatibilizar o uso persoal e profesional da infraestrutura sen comprometer a protección. Darémosche respostas prácticas e unha guía de boas prácticas para reducir riscos humanos, porque a seguridade non depende só da tecnoloxía, senón tamén das persoas.

Índice de contidos:
1. Empregados, provedores, xerentes e servizos de mantemento como factores de risco.
2. Como xestionar quen accede a que sistemas e datos (principio de mínimos privilexios).
3. Como conciliar o uso persoal e profesional dos equipos sen comprometer a seguridade corporativa.
4. Protocolos de actuación para reducir o "risco humano".
5. Que facer (e que non facer) se sospeitamos que un usuario foi comprometido.

O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/fMgdJFauHgb8fvAs6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse