Rexistro de marca: construe a tua identidade dixital para dominar o nicho

Data Inicio:  03/12/2025 18:00    
Data Fin:  03/12/2025 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro descubrirás a clave para o éxito a longo prazo: como converter a túa idea inicial nun activo legalmente protexido. Esta fase é, sen dúbida, unha das máis cruciais do emprendemento, xa que senta as bases para preservar os teus dereitos sobre a túa creación. Aprenderás as estratexias para blindar o teu negocio mediante o rexistro de marcas, patentes ou deseños, evitando copias e asegurando que só ti poidas explotar o valor único que desenvolveches.

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.
Url do Evento: https://forms.gle/WuXfBtLTCs82b8wm8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse