Ciberseguridade para PEMEs: comeza o teu itinerario seguro

Data Inicio:  01/12/2025 12:00    
Data Fin:  01/12/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste primeiro encontro faremos unha introdución ao itinerario de ciberseguridade para PEMEs. Analizaremos as principais vías polas que pode entrar o malware na túa empresa e veremos que cambios operativos, de funcionamento e de infraestrutura son necesarios para reducir riscos e evitar consecuencias graves. Tamén repasaremos as medidas de contención máis efectivas e presentaremos os talleres que completarán este itinerario ao longo do mes.

Índice de contidos: 
1. Introdución ao programa e por que a ciberseguridade é un investimento, non un gasto.
2. Análise dos principais puntos de entrada do malware na empresa.
3. Que cambios operativos e de infraestrutura son urxentemente necesarios para reducir a superficie de ataque.
4. Medidas de contención eficaces para evitar consecuencias graves en caso de incidente.
5. Presentación dos obradoiros que completarán o mes e como están interconectados.

O obradoiro estará dirixido por Manuel Tornos, asesor do CPED Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/AedwQDfdTcXby4tk9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse