Edita vídeos fácilmente desde o teu Smartphone: Edits

Data Inicio:  23/10/2025 12:00    
Data Fin:  23/10/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro, aprenderemos a crear vídeos para as redes sociais dun xeito sinxelo e creativo.

Exploraremos todo, dende os conceptos básicos da aplicación, como recortar e organizar clips, ata as técnicas para aplicar transicións, efectos e filtros, e todas as opcións integradas da aplicación, como os subtítulos, para darlles aos teus proxectos un estilo único. Finalmente, abordaremos como exportar e compartir vídeos nas redes sociais para que poidas compartilos facilmente.

Índice de contidos:

1. Introdución á aplicación
2. Recortar e organizar clips
3. Transicións, efectos e filtros
4. Subtítulos automáticos e outras opcións da aplicación
5. Exportar e publicar

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, licenciada en Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produtos e composición fotográfica creativa.
Url do Evento: https://forms.gle/wDkqNkLFyEicfsBcA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse