Evento
Infoprodutos I. Que son e como crealos
| Data Inicio: | 08/04/2025 12:00 | ||
| Data Fin: | 08/04/2025 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito. Índice de contidos: 1. Que son os infoprodutos 2. Tipos de infoprodutos 3. Pasos básicos para crear un infoproduto O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/bg1pjh9cPjk565Rx7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse