Evento
Vigo - Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións
Data Inicio: | 14/12/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 14/12/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Índice de contidos • Dimensións métricas e valores • As vistas • Os obxectivos • Embudes de conversión • Referencia de tráfico de campañas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse