Evento
Cambados - Sácalle partido á túa conta de Gmail
Data Inicio: | 20/12/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 20/12/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Índice de contidos • A miña conta de correo de Gmail • Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestiono os meus emails de empresa • Configuro as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en IOS e Android O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse