Evento
Ciberseguridade - Cifrado do PC, BitLocker
Data Inicio: | 18/03/2024 10:30 | ||
Data Fin: | 18/03/2024 11:30 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos ter en conta, o formato é de 30 minutos como máximo e unha frecuencia semanal para favorecer un aprendizaxe fácil e progresivo. “Ciberseguridade. Cifrado do PC, BitLocker” o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos cifrados e por que. A ferramenta que usaremos para cifrar o noso ordenador é BitLocker, veremos como funciona e como podemos instalala. Índice de contido: - Por que cifrar o PC. - Que é BitLocker. - Instalación de BitLocker. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/RjYq8ijKRuM2oQYn8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse