Evento
O Porriño - Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?
Data Inicio: | 02/11/2017 17:30 | ||
Data Fin: | 02/11/2017 19:30 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Realizarase en colaboración con AEMOS, impartíndose nas súas instalacións |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse