Evento
Como facer campañas de márketing con influencers
Data Inicio: | 07/06/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 07/06/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. A figura do influencer nas redes sociais non para de gañar peso e evolucionar da man das tendencias de consumo e creación de contido do momento. Os miles, mesmo millóns de usuarios que seguen a estes perfís sociais téñenos en conta como fontes fiables de información e referencia en gustos e estilo, o que significa que o público que consome o contido do influencer sexa totalmente receptivo á información que lles chega pola súa banda. Como marca, debemos ter en conta este tipo de márketing para conseguir incrementar as vendas e conseguir crecer na comunidade que tratamos de crear en redes sociais. No obradiro veremos os seguintes puntos: 1. que é o márketing con influencers? 2. Plataformas máis usadas 3. Tipos de influencers 4. Beneficios do márketing con influencers 5. Consellos para crear unha campaña efectiva 6. Conclusións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/jw1wejut1vAcquAy7 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse