Programación do FabLab da terceira edición do coworking de Barro - Actualidade
Actualidade
Programación do FabLab da terceira edición do coworking de Barro
Data: luns, 18 de febreiro de 2019
O pasado 5 de febreiro arrincou a terceira edición do Coworking da EOI e a Deputación de Pontevedra, con sede no viveiro de empresas de Barro-Meis.
Esta iniciativa pretende acompañar a emprendedoras e emprendedores na posta en marcha do seu proxecto, fomentando o emprendemento e axudándolles a desenvolver con éxito as súas ideas de negocio.
Como en anteriores edicións, a posta en marcha do coworking supón tamén o lanzamento da programación específica de talleres do FabLab enmarcados no programa. O obxectivo deste itinerario formativo é achegar as bases de temáticas novas como a robótica ou a impresión 3D a toda persoa interesada en coñecer as vantaxes que poden ofrecerlle para o desenvolvemento do seu negocio.
Estes obradoiros de tres horas aproximadas de duración cada un, son abertos ao público en xeral, de maneira que se estás interesada ou interesado en asistir, soamente tes que clicar nesta ligazón e cubrir o formulario de inscrición.
Estes son os obradoiros programados para os próximos meses:

Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento