SmartPeme Impulsa, novo servizo da Deputación de Pontevedra. - Actualidade
Actualidade
SmartPeme Impulsa, novo servizo da Deputación de Pontevedra.
Data: xoves, 10 de maio de 2018
A Deputación de Pontevedra lanza unha nova evolución dentro do seu proxecto SmartPeme. Da man de SmartPeme Impulsa, proporcionará unha axuda fundamental para lograr unhas empresas máis eficientes. Consolidando, deste xeito, un tecido empresarial capaz de crecer, innovar e competir en mercados internacionais. Con esta ampliación de SmartPeme, a Deputación busca apoiar o crecemento experimentado pola economía nos últimos anos.
SmartPeme Impulsa axudará ás empresas pontevedresas a mellorar a súa competitividade: incrementando a súa eficiencia, reducindo custos ou incrementando vendas, mediante o asesoramento en plans de empresa, a mellora operativa ou a optimización financeira entre outros.
En canto á internacionalización, tendo en conta a economía galega está a crecer a taxas superiores á media española segundo o Barómetro Exportador de Galicia, faise necesario a existencia dun servizo que apoie ás empresas pontevedresas, cun asesoramento experto na devandita materia. SmartPeme Impulsa contará con vías de asesoramento para preparar ás empresas pontevedresas para dar o salto ao mercado internacional nun contexto de crecemento exterior.
SmartPeme Impulsa contará tamén cunha carteira dedicada exclusivamente á innovación. Apoiándose no Centro Provincial de Economía Dixital, os viveiros de empresas e a colaboración con axentes dinamizadores, presentará unha ampla carteira de asesoramento para aquelas pemes que desexen innovar na súa actividade empresarial. Neste ámbito, no que Galicia atópase nunha situación lixeiramente atrasada con respecto á media española, as iniciativas de fomento á innovación están a tomar un cariz máis relevante cada día para mellorar o tecido empresarial.
Todas estas liñas conformarán o servizo de información e asesoramento personalizado dirixido a pemes e autónomos, co que a Deputación de Pontevedra buscará a mellora da competitividade e eficiencia empresarial da provincia.
Para formar parte da rede de asesorados por SmartPeme Impulsa, debedes completar a seguinte enquisa e serán os propios asesores de SmartPeme os que vos contacten para concertar unha cita de asesoramento.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información