Resolución IV Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra - Actualidade
Actualidade
Resolución IV Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra
Data: luns, 25 de outubro de 2021
O 25 de outubro empezará a desenvolverse o IV Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra desenvolto polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra. Esta aceleradora nace co obxectivo principal de axudar a este sector asesorando a pequenas empresas e persoas emprendedoras e autónomas a desenvolver novos proxectos e innovar nos xa existentes.
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, a mentorización, que inclúe o deseño da folla de roteiro a seguir para o desenvolvemento do proxecto e o programa intensivo de titorías, que consta de sesións de traballo individualizada con persoas asesoras expertas en turismo, tecnoloxía, en imaxe dixital e sesións cun especialista en competitividade empresarial (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
A segunda fase consistirá no desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados en márketing dixital, web, creación dun plan de empresas e outros dous máis enfocados ao turismo.
As actividades do Programa de aceleración executaranse ata o 4 de febreiro e o número de sesións e a frecuencia axustarase ás necesidades de cada empresa.
Unha vez realizadas as entrevistas persoais de selección vía telefónica, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes na IV convocatoria do Programa de aceleración de empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra, 6 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa:
• Que facemos mañá?: Proxecto que proporciona información a turistas de todos os eventos locais de Galicia
• GALPING Water Sports: Servizo de alugueiro de Hobie Step Pádel Surf
• Serao Produción & Animación: Animación e eventos
• Patri Novas Turismo + Patrimonio: Visitas guiadas en Cangas
• Albergue Rosa de Abreu: Albergue turístico para peregrinos e turistas
• Mellor con Guía: Visitas guiadas en Redondela
A continuación, relaciónase a listaxe de persoas admitidas e persoas en reserva:

As principais demandas baséanse na creación ou actualización de páxinas web, xestión de redes sociais e outras ferramentas de promoción e publicidade que axuden a gañar visibilidade a estes negocios.
Desta maneira, axudarase á adaptación a proxectos turísticos ás novas tecnoloxías, conseguindo novas canles de venda e promoción que lles permitan chegar a máis clientela.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento