Presentación SmartPeme en Vilagarcía de Arousa - Actualidade
Actualidade
Presentación SmartPeme en Vilagarcía de Arousa
Data: luns, 07 de novembro de 2016
O vindeiro martes 22 de novembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Seminario do Recinto Feiral de FEXDEGA (finca A Maroma, s/n), en Vilagarcía de Arousa.
Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Vilagarcía.
SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.
Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme José Luís Taboada Fernández, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.
Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.
Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.
10:15 - Apertura da Xornada
Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica
10:30 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme
José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme
José Luís Taboada Fernández, asesor TIC SmartPeme
11:30 - Pecho do acto de presentación
María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa
11:45 - Descanso
12:00 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
14:00 - Descanso comida
15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información