Presentación SmartPeme en Cangas - Actualidade
Actualidade
Presentación SmartPeme en Cangas
Data: luns, 07 de novembro de 2016
O vindeiro martes 29 de novembro do 2016, as 10:00 horas, terá lugar a presentación da rede SmartPeme no Salón de plenos do concello de Cangas (avenida de Castelao, 2).
Don Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica e Don Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas, presentaran os servizos que presta SmartPeme ao sector empresarial de Cangas.
SmartPeme é unha rede de asesores cualificados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) a disposición do tecido empresarial onde se presta un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado de maneira gratuíta.
Así mesmo, o acto contará coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, Jose Antonio Piñeiro, e do asesor TIC SmartPeme Alberto Falcón Fuentes, que afondaran en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar o seu servizo, e resolveran as dubidas que poidan xurdir.
Para rematar, no caso de estar interesado nos servizos ofertados, trala xornada pode ter a súa primeira reunión individualizada con seu asesor TIC. Para iso, rogámoslle que solicite cita previa chamando ao 886 20 20 20, mediante correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición.
Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario.
10:00 - Apertura da Xornada
Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica
Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas
10:15 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme
José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme
Andres Carrera Lopo, asesor TIC SmartPeme
10:45 - Peche do acto de presentación
Francisco Javier Dios Pomares, deputado provincial de Innovación e Promoción Económica
11:00 - Descanso
11:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
14:00 - Descanso comida
15:30 - Reunións individuais co/a asesor/a TIC (cita previa, preferentemente)
Fonte: SmartPeme