Participantes II Programa de Emprendemento de SmartPeme no Viveiro de Empresas de Barro - Actualidade
Actualidade
Participantes II Programa de Emprendemento de SmartPeme no Viveiro de Empresas de Barro
Data: martes, 21 de marzo de 2023
O 21 de marzo empezará a desenvolverse o II Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas de Barro realizado polo servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra. Este programa nace co obxectivo principal de dar apoio na creación de proxectos de emprendemento e nas súas fases máis temperás.
O Programa conta con dúas fases. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos talleres enfocados na creación dun plan de empresa, márketing dixital, web, desenvolvemento de habilidades empresariais, finanzas… entre outros.
A segunda fase consistirá na mentorización, que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en emprendemento, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto).
As actividades do II Programa de Emprendemento executaranse ata o 21 de xuño.
Unha vez realizado o proceso de selección, tendo en conta a información achegada polas persoas interesadas, así como a súa memoria do proxecto e declaración de dispoñibilidade, e de acordo cos criterios para aplicar na selección dos participantes no II Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas de Barro, 8 proxectos foron os elixidos que pasan a formar parte deste Programa:
- Alecrín, Atención Temperá: este proxecto ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das persoas menores.
- Carmencitas: un proxecto dedicado á produción de tortas e demais doces para empresas e particulares, e, doutra banda, un servizo de envío a domicilio e de organización de eventos.
- Doces Prodixios: teñen como obxectivo a venda e distribución das "postres en tarro".
- Musggo Ioga: proxecto dedicado á propagación do ioga en forma de clases, tanto a domicilio como nun centro.
- Hiar: marca de artesanía especializada na estampaxe botánica.
- Xestión Integral de Subvencións: un proxecto dedicado á axuda a pemes e autónomos, en materia de xestión de axudas e subvencións, coa intención de impulsar os seus negocios.
- Proxecto BAmorin: proxecto de ioga que ten como obxectivo que as persoas se centren nelas mesmas.
- Proxecto dun produto de protección UV: co obxectivo de que cause o menor impacto ambiental posible e apostando por que o produto teña unha excelente calidade.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos III - unindo Metricool e Notion24 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseña en 2D: os teus primeiros bocetos con OnShape25 de novembro de 2025 11:00Máis información
- WhatsApp para aloxamentos turísticos26 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Preparación de última hora do packaging de nadal no teu negocio27 de novembro de 2025 12:00Máis información
- A importancia de coñecer o mercado e a túa competencia para crear negocio.28 de novembro de 2025 12:00Máis información