Organización 2.0 contará cunha ducia de relatores TIC - Actualidade
Actualidade
Organización 2.0 contará cunha ducia de relatores TIC
Data: luns, 23 de xuño de 2014
venres 20 de xuño do 2014, por
O 27 de xuño, como avanzamos os días pasados, celébrase no Consorcio da Zona Franca de Vigo a segunda edición do Congreso Internacional Organización 2.0. O evento será inaugurado pola delegada do Estado Teresa Pedrosa e as súas liñas temáticas xirarán arredor das tecnoloxías de participación, as comunidades e o emprendemento baseado no uso das redes sociais. O programa afondará nas múltiples potencialidades das solucións tecnolóxicas actuais, baseadas na participación dos internautas, para contribuír ao desenvolvemento produtivo das organizacións. En detalle, participarán máis de dez prestixiosos relatores amosando metodoloxías para virar as ferramentas colaborativas en fonte de produtividade e eficiencia.
A nivel empresarial, terán presenza no encontro organizacións como Cortizo, Bosch ou Invertaresa, amais de contarse con centros tecnolóxicos como AIMEN.
O congreso virá da man da consultoría de mercadotecnia Comasis e a consultoría de innovación Inova, co apoio de APD. Celebrarase en horario de mañá nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo en Bouzas, comezando ás 9:00 horas co acto de inauguración, a cargo da delegada Teresa Pedrosa, e seguindo coa presentación do concepto Organización 2.0 exposta por Santiago Sesto (director Zona Noroeste APD) e Luis Calvo (CEO de Comasis). Logo desenvolveranse relatorios a cargo de "prestixiosos consultores internacionais, produtores de ferramentas 2.0 e organizacións que na actualidade xa gozan das vantaxes que carrexan a aplicación deste tipo de solucións nas súas organizacións", explican os organizadores do congreso. A listaxe de relatores confórmana Xavier Orozco, Alberto Casal, Lorenzo Garrido, Santiago Vázquez, Antonio Soto, Francisco Javier Barreiro, Alfredo Caruncho, Ramiro Iglesias, Jesús Fraga, Óscar Zorrilla e os devanditos Santiago Sesto e Luis Calvo. O programa, que concluirá cunha mesa redonda na que se exporán casos de éxito de empresas en materia de comunidades e redes sociais, abranguerá tres bloques temáticos: Estratexia 2.0, Talento e coñecemento e Innovación conectada 2.0. A asistencia ao congreso é de balde e inclúe aparcadoiro e almorzo.
http://www.codigocero.com/Organizacion-2-0-contara-cunha
Fonte: http://www.codigocero.com/Organizacion-2-0-contara-cunha
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información