Optimiza o teu blogue para mellorar o posicionamento SEO da túa web - Actualidade
Actualidade
Optimiza o teu blogue para mellorar o posicionamento SEO da túa web
Data: mércores, 18 de marzo de 2020
- Optimización: A día de hoxe crear contido sen imaxes é impensable. O contido ilustrado con vídeos ou imaxes facilita o seu consumo e por tanto resulta máis atractivo para os lectores. Cada contido multimedia que subamos, retarda a rapidez de carga da nosa web, polo que Google penaliza esta lentitude. É moi importante pasar cada arquivo por programas que axuden a reducir o seu tamaño sen perder calidade, por exemplo https://tinypng.com/ ou https://compressjpeg.com/es/
- Títulos:
- Inclúe sempre a etiqueta ALT para que Google saiba o contido de cada imaxe. (exemplo de como facelo en Wordpress)
- Utiliza nomes descritivos que conteñan 1 ou 2 palabras clave.
- Non repitas o nome das imaxes.
- Non utilices caracteres estraños.
- A palabra clave debe de ir ao comezo.
- Procura escribir títulos que enganchen como, por exemplo: "10 consellos para…" ou "Aprende a…"
- Non excedas a extensión de 70 caracteres.
- Utiliza guións no lugar de barra baixa.
- Acurta a extensión o máximo posible.
- Inclúe palabras clave.
- Non utilices caracteres especiais.
4. Crea ligazóns internos: as ligazóns internas son importantes para Google. Con eles transmíteslle que a túa web está conectada entre si co contido que creaches. Por iso, debes de incluír, sempre que poidas, ligazóns que fagan que o usuario navegue dunha entrada a outra, ou dunha entrada a unha páxina de servizos, por exemplo. Non te esquezas de facelo, é algo sinxelo e con moito valor en materia de posicionamento SEO.
5. Traballa as meta-etiquetas de cada entrada: co plugin YOAST SEO poderemos mellorar de maneira individual cada unha de meta-etiquetas que xeramos cando publicamos unha entrada no blogue. Google dálle moita importancia, así que tampouco podes esquecerche delas.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información