A web de turismo Rías Baixas estrena novo deseño web - Actualidade
Actualidade
« Atrás
A web de turismo Rías Baixas estrena novo deseño web
Data: xoves, 02 de maio de 2019
A páxina de Turismo Rías Baixas estrea hoxe un deseño totalmente renovado na súa imaxe, contidos e servizos tecnolóxicos dirixidos as usuarias e usuarios. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou esta mañá a profunda remodelación e cualificou a web como "moderna e dinámica, enfocada ás viaxeiras e viaxeiros, e con toda a información necesaria para vivir grandes experiencias no interior e na costa da provincia de Pontevedra".
O restyling e a renovación dos contidos tiveron como base as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020, elaborado en colaboración cos concellos e o sector privado. A web conta agora con novas seccións un deseño claro e intuitivo, adaptado para a navegación en todos os dispositivos, e con especial coidado no tratamento da imaxe e do vídeo.
Para saber mais, consulte esta ligazón
Fonte: Turismo Rías Baixas