Actualidade

« Atrás

A importancia do Copywriting para a nosa estratexia de márketing

Data:  venres, 12 de xullo de 2019

 
 
O copywriting é a habilidade de escribir de maneira persuasiva calquera tipo de texto que apareza na túa páxina web, redes sociais, etc. para conseguir que o teu cliente ideal realice unha acción. É importante que saibamos que non se trata só de escribir, senón de facelo cunha intención e un obxectivo concretos.
 
Temos que crear un texto que seduza ao lector para que realice unha acción, a que nós busquemos relacionada co obxectivo que nos marcamos.
 
Pero antes de poñernos a escribir, debemos saber para quen o fago, polo que debemos pensar:
  • Quen é o noso cliente ideal?
  • Que problema ou necesidade podemos axudarlle a resolver ou satisfacer?
  • Como imos solucionar o seu problema ou necesidade?
Pero, como escribir un bo copy?
O primeiro é saber que o copywriting chegou rompendo as estruturas longas de texto, cargadas de adxectivos e palabras rimbombantes, creando textos específicos e concretos buscando, con palabras directas, satisfacer as necesidades dos usuarios.
 
Ademais, un bo copy sempre tratará de escoitar as necesidades do noso cliente potencial, empatizar coas súas emocións e informar co menor número de palabras posible.
 
E sempre todo sen perder de vista a "personalidade" da marca, a identidade que creamos da nosa marca é un punto diferencial e imprescindible para crear textos coherentes.
 
Por último, antes de poñernos a escribir, ten en conta estes 5 puntos imprescindibles:
  • A relevancia: crea un contido relevante, que achegue valor
  • Crea un título atractivo, que sexa breve e que dea unha pista do beneficio que obteremos lendo todo o texto.
  • Brevidade e claridade, buscando un equilibrio entre extensión optimizada (dependendo da plataforma para a que escribamos o texto será máis extenso ou menos) e ideas claras.
  • Usar un estilo próximo.
  • Usar palabras que chamen a atención ou conviden á acción.
O copywriting é un concepto que se utiliza en publicidade desde hai varias décadas, polo que non esquezas prestar a atención que merecen os textos de ti web ou redes sociais para triunfar na túa estratexia de márketing.
 
María Aller
Asesora TIC
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento