Actualidade

Factores a considerar antes de iniciar un blog

Data:  venres, 24 de marzo de 2017

Que plataforma de blogs imos utilizar?

A miña recomendación é WordPress. É unha plataforma con grandes características en relación con outras plataformas de blogs. A súa difusión e uso está tan implantado que se necesitamos ampliar as súas funcionalidades, é probable que exista xa un plugin que faga por nós o que precisamos.

Quen deseñará o noso blog?

Cando emprego o termo "deseñar", englobo as tarefas de deseñar, desenvolver e programar todo o anterior.

É importante considerar desde un principio a imaxe de marca (cores, tipografía, etc.), algo que debe facerse con coidado. Non só importa a estética, se non tamén que o blog teña un formato agradable e lexible.

Algunhas das indicacións máis frecuentes neste sentido son o cinguirse a unha paleta de cores, e asegurarse de manter texto negro sobre fondo claro, para non causar cansazo visual nos lectores.

Quen será responsable de realizar as entradas do blog que publicamos?

Alguén na nosa organización ten que estar comprometido a manter o blog actualizado. Esta mesma persoa non ten que ser a que escriba as entradas do blog, pero será a persoa da organización responsable de que as publicacións se sucedan nos tempos adecuados ao noso plan de márketing.

Como responsable das publicacións, sería moi conveniente que estivesen capacitadas en SEO, para situar os nosos contidos de forma adecuada, e que coidasen a selección de imaxes, idealmente en función do deseño do blog, pero ante todo con coidado coa calidade das mesmas.

Cando se publicarán as entradas do blog?

É necesario configurar un calendario de publicación cunha frecuencia mínima dunha ou dúas veces por semana e ser constante respecto diso. Canto máis consistentes sexamos, mellor rendemento obteremos. Sería recomendable o establecemento dun día e hora en que se publicarán as mensaxes e non saltarse eses prazos de publicación.

Debemos ter presente a dificultade que leva o ter algo que escribir unha ou dúas veces á semana. As fontes de ideas variarán segundo a temática, pero é importante empezar a facelo para comprender se é un ritmo que podemos asumir. Ademais, o contido debe manterse en liña co que produce interese os nosos lectores, o que dificultase a selección do contido.

Se vemos que non imos contar cunha regularidade nas nosas publicacións, quizais sería mellor crear unha sección noticias no canto dun blog, xa que poderemos falar de nós, do noso sector ou de eventos relevantes relacionados e non implica un compromiso tan alto de publicación de contidos cara ao usuario.

José Luis Taboada Fernández

Asesor TIC SmartPeme

Enxeñeiro informático

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento