Desafío Hackathon DESTInno - Actualidade
Actualidade
Desafío Hackathon DESTInno
Data: luns, 25 de marzo de 2019
A Deputación de Pontevedra, integrante da Rede Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes, está a organizar a II Xornada TurisTIC que se celebrará o día 10 de abril no Museo Verbum de Vigo.
O obxectivo desta Xornada é promover a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre empresas do sector turístico, empresas tecnolóxicas e institucións públicas do Noroeste (Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e País Vasco).
No marco desta Xornada vaise celebrar unha iniciativa moi relevante para a o talento e a innovación na provincia, a celebración do Hackathon DESTInno, os días 8 e 9 de abril na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.
Durante estes dous días equipos multidisciplinares poderán desenvolver solucións enfocadas nos destinos turísticos intelixentes.
Luns 8
- 10:00 –10:30 Acreditacións
- 10:30 -11:15 Charlas introductorias
- 11:15 -12:00 Dinámicas de grupo e tormentas de ideas
- 12:00 -14:00 Inicio oficial do tempo de desenvolvemento
- 14:00 -15:00 Parada para comer
- 15:00 -21:00 Seguimos co desenvolvemento
- 21:00 Peche
Martes 9
- 09:30 -13:30 Seguimos co desenvolvemento
- 13:30 -14:00 Peche oficial do tempo de desenvolvemento
- 14:00 -15:00 Parada para comer
- 15:00 –16:30 Presentacións e demos dos distintos equipos
- 16:30 -17:00 Fallo do xurado e entrega de premios
- 17:00 -17:30 Clausura do evento
- 17:30 Peche
Haberá máis de 4.000€ en premios:
- Primeiro clasificado: 3.000 €. Patrocinado por Consorcio Zona Franca de Vigo.
- Segundo clasificado: 1.000 €. Patrocinado por Clúster TIC Galicia.
- Terceiro clasificado: 500 €. Patrocinado por Clúster Turismo Galicia.
Ademáis, os participantes serán invitados a un concurso menor para o desenvolvemento dunha solución tecnolóxica sempre que reúnan os requisitos contemplados na LCSP.
O equipo gañador presentará a súa solución no Museo Verbum de Vigo o día 10 na II Xornada TurisTIC.
Fonte: SmartPeme