Case un milleiro de emprendedores visitan Franquiatlántico en Vigo para crear o seu propio negocio e rendibilizar pequenos capitais - Actualidade
Actualidade
Case un milleiro de emprendedores visitan Franquiatlántico en Vigo para crear o seu propio negocio e rendibilizar pequenos capitais
Data: martes, 28 de febreiro de 2017
Medio centenar de empresas que representan a 200 marcas participaron no evento
O salón da Franquía e negocios Franquiatlántico, celebrado o fin de semana en Vigo, pechouse cun milleiro de visitantes, a gran maioría emprendedores que queren montar o seu propio negocio, rendibilizar pequenos capitais, aproveitar locais comerciais ou autoemplearse.
Cincuenta empresas en representación de 200 marcas participaron no evento, que recibiu o apoio da Deputación de Pontevedra entre outras entidades e tivo lugar no Exhibition Center do peirao de transatlánticos en formato dunha soa xornada. A feira contou tamén coa presenza das principais consultoras nacionais e internacionais. A organización destaca que Franquiatlántico logrou os obxectivos marcados, tanto ao atraer visitantes cualificados como ao facilitar que as empresas franquiciadoras e as consultoras cheguen a acordos comerciais con futuros franquiciados.
Esta décimo sétima edición tamén incorporou citas online, e o programa incluíu unhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación Española de Franquiciadores (AEF) baixo o título "Foro da Franquía Emprende". As firmas expositoras realizaron presentacións comerciais; mentres que os premios FranquiAtlántico, baixo a dirección técnica da Asociación Española de Franquiciadores (AEF), recoñeceron o traballo de varias empresas e profesionais do sector.
Firmas premiadas
A empresa iGarden, dedicada á xardinería intelixente, foi premiada na categoría "concepto galego Start Up en franquía máis novo"; mentres que Centros Xenios, especializada en potenciar o talento e control das emocións, recibiu o galardón por "concepto nacional Star Up en franquía".
Carlin, do sector da papelería, foi distinguida como "empresa franquiciadora máis consolidada a nivel nacional". En Look & Find, líder en sector inmobiliario, recaeu o premio á "franquía con soporte tecnolóxico máis novo"
Ademais concedeuse un premio de "Libre elección do xurado" a Xema Boiza, xornalista de Información Económica, pola súa excelente traxectoria no sector, e o premio de "libre elección do Salón" á AEF polos seus "estudos estatísticos".
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información