Eventos
Eventos
Buscador
14/11/2024 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que ten o Inbound Márketing como unha forma de achegarse ao usuario, esta técnica móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. índice de contidos: 1. Que é Inbound Márketing 2. Beneficios do Inbound Márketing 3. Como se articula o Inbound Márketing 4. Márketing de atracción 5. Como crear a túa buyer persoa ideal 6. A importancia do funnel ou embudo de conversión 7. Tendencias en Inbound Márketing O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
21/11/2024 17:00
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés/Exposalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados). Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca. Índice de contidos: 1. Que é o Copywriting? 2. Tipos de Copywriting 3. Como escribir un bo copy 4. Como usar o copywriting no meu web 5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom. O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados. Índice de contidos: 1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización. 2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding. 3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.