Eventos

Buscador

    a
Daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a Whatsapp
• Whatsapp vs. Whatsapp Business
• Novas funcionalidades
• Whatsapp Márketing

O tobradoiro será impartido por Guillermo  Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de  Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web,  Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.