Eventos

Buscador

    a
Motores de reserva para empresas turísticas

 Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada.
Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios.

Contidos:
¿Qué é un motor de reservas? 
¿Qué é un channel manager?
Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online.
Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
TALLER -Fotografía para turismo: As liñas no espazo.

O turismo é un dos sectores que máis entran polos ollos, unhas boas fotografías, vistosas e que atraian ao viaxeiro é o que precisamos. 
O 80% das vendas no sector turístico está determinado polo tipo de imaxe que damos a través dos medios dixitais, debemos coidar as nosas fotografías como establecemento e saber como aproveitar as liñas no espazo.

Índice de contidos: 
1. Observa a túa contorna 
2. Tipos de espazos e a súa importancia 
3. Prepara o espazo que vas fotografar 
4. Composición e perspectivas. 
5. A luz que baña o noso espazo. 
6. Detalles que marcan a diferenza. 
7. Qué tipo de cámaras podemos usar.

Nivel: Iniciación 

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing  online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. 

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna  online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
•	Que é un Plan de Márketing Dixital
•	Por que o necesito? Beneficios
•	Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital
•	Exercicio – Exemplo dun Plan

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Copywriting aplicado a web e redes sociais

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.