Eventos

Buscador

    a
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Recomendable traer cámara propia para realizar prácticas de fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto?
4. Elementos para realizar as fotografías.
5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.)
6. Práctica de edición como programa on- line.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Aprenderás con estes plugins ha realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop ups, descarga de documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos. Seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes.

Índice de contidos:
• Que é un Plugin de WordPress?
• Instalación de Plugins en WordPress
• Listas de plugin, función, nome e autor
• Vídeos de manexo e configuración dos plugins

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.

Índice de contidos

• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital