Eventos

Buscador

    a
No mes de outubro iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.

O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si.

O itinerario consta dun total de 50 h de formación.

30 horas de formación en liña onde se verán:
Debuxo 3D con Onshape – 16 h
Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h
Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h
Escáner 3D – 2 h

20 horas de prácticas no Fab Lab

Impresoras 3D filamento – 8 h
Impresoras 3D resina – 8 h
Escaneo 3D – 4 h

Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 5 de outubro e finalizará o 14 de decembro cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves.

Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12.

Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Vendes en liña ou estás pensando en vender? Pois o packaging dos produtos será un elemento máis que fundamental na estratexia de venta en liña. Neste obradoiro, coñeceremos os fundamentos máis básicos do packaging, como por exemplo, os tipo de caixas que existen. Tamén anotaremos os pasos básicos para preparar un pedido e cales son as características que deberíamos ter en conta. 

Ningún packaging do ano 2021 podería ter lugar sen a súa sostibilidade, polo que prestaremos atención a cómo podemos facer unha estratexia máis sostible con noso planeta. Remataremos coñecemos elementos que podemos incorporar á nosa estratexia de envíos que farán que a experiencia de compra sexa máis agradable.

ÍNDICE:
1.	Aprendendo sobre packaging
2.	Como enviar un paquete paso a paso
3.	Packaging Sostible
4.	Elementos Experienciais

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.