Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Introducción  
Firma dixital e envíos certificados 
•	Lexislación | É legal a firma dixital? Hai algunha alternativa electrónica legal ó burofax e ós correos certificados?  
•	Casos de uso da Firma dixital  
•	Casos de uso de envíos certificados 
Facturación electrónica 
•	Lexislación   
•	Emisión de factura electrónica | Cando teño que enviar facturas electrónicas e cómo poido facelo? Casos de uso 
•	Recepción de factura electrónica | Casos de éxito 

O obradoiro será impartido por Daniel Cerqueiro, CMO de Docuten. Licenciado e doctor en Ciencias Físicas, Dani Cerqueiro leva dende 2004 dedicado ás TIC. A súa prinicipal ocupación actual é ser o responsable de márketing e comunicación de Docuten, ademáis de ser o presidente de Startup Galicia, así como realizar actividades formativas relacionadas coa Transformación Dixital e o Emprendedurismo.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Cando comezamos no mundo da fotografía temos que ter en conta moitas cousas, desde o formato empregado, ata a luz e como afecta a nosa fotografía, hai moitos elementos que non se poden deixar ao azar e que podemos controlar para facer o tipo fotografía que queremos e do xeito que precisamos.
Neste obradoiro imos ver técnicas, características e composicións que podemos levar a cabo ao sacar as nosas fotografías, xa sexa cun teléfono móbil ou coa nosa cámara máis profesional. Aprenderemos que podemos controlar dentro do marco da fotografía para ser o máis creativos posibles e deste xeito facer unha fotografía interesante e que chame a atención.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa

Inscricións a través da seguinte ligazón: