Eventos
Eventos
Buscador
16/10/2018 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais. Índice de contidos - Que é un blog? - Como se crea un blog? Publicación de entradas. - Aspectos que melloran o posicionamento SEO. - Postear entradas en redes sociais. - Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web. - Ferramentas de interese. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
16/10/2018 19:00
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa. Índice de contidos - Aumenta as túas vendas durante estas festas - Como facer uso das túas redes sociais - Que actividades pódense realizar - Google Adwords e Facebook Ads - Ferramentas de monitoraxe - Exemplos de campañas exitosas O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
16/10/2018 19:00
As estratexias do marketing turístico están a evolucionar rápidamente nos últimos anos e as pymes turísticas teñen por diante un gran reto para non quedarse atrás. Estar ao tanto das estratexias e tendencias no marketing e no turismo é preciso para triunfar nun sector tan dinámico. Conocer sus claves actuales es imprescindible para obter unha vantaxe competitiva e optimizar os recursos cós que nos promocionamos. Índice de contidos . Introdución . Novas tendencias no sector turístico . Estratexias de marketing para aumentar a túa visibilidade . Consellos e recomendacións para mellorar os resultados O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
18/10/2018 17:00
Esferas Cilindros Conos Touros Arrays Exercicios Prácticos O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
18/10/2018 19:00
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram. Índice de contidos - Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa - Crea a túa tenda en Facebook - Vende a través de Instagram - Exemplos de éxito O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
18/10/2018 19:00
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. Índice de contidos: - Introdución. - Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas. - Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade. - Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
18/10/2018 19:00
OBXECTIVO Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado, joyería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que momento benefícialle realizar unha compra online no canto dunha compra tradicional no comercio offline. Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao alcance para poder ofrecer información visual aos clientes potenciais. Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa en tempo e/ou investimento. Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. CONTIDO • Introdución • Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara. • Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz. • Técnicas de fotografía no sector Moda. • Para a práctica tomar en conta o seguinte: o É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable. o En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS). o Edición e preparación da foto para subila a internet. O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
18/10/2018 19:00
Con este taller axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos. Índice de contidos: - Que é un dominio e tipos de dominio - Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións - Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros? - Pasos a realizar para a contratación dun dominio - Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos - Características que pode ofrecernos un aloxamento - Exemplos de empresas provedoras de aloxamento - Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
23/10/2018 19:00
O márketing turístico é un dos que maiores transformacións está a ter na era dixital. Hoxe en día xa non se poden facer plans de marketing que non incluan un plan de marketing dixital. O marketing dixital turístico e as súas ferramentas permiten as empresas turísticas alcanzar novos clientes e medrar online. Unha boa xestión do marketing online fará a túa empresa turística sexa máis competitiva. Índice de contidos -Introdución. -Que é o Márketing Dixital? -Márketing de contidos e as súas estratexias -Ferramentas de Márketing Dixital. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
23/10/2018 19:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte Este obradoiro será impartido por Belén Quintana, técnico de márketing e comunicación con experiencia asesorando a diversas empresas en márketing dixital, xestión de redes sociais e comunicación.