Eventos
Eventos
Buscador
27/04/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom As persoas consumidoras de hoxe en día sinten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes. Tanto é así, que estas mesmas persoas apoian firmemente ás empresas que incorporan valores significativos na súa actividade principal. Neste Obradoiro, analizaremos de cerca a sostibilidade e como se desenvolve tanto para os negocios como para o marketing. Como son as empresas sostibles e como pode o marketing sostible axudalas a ter éxito? ÍNDICE: 1. Que é o marketing sostible 2. Boas prácticas 3. Casos de éxito O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: