Eventos
Eventos
Buscador
24/11/2020 12:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte Nivel: iniciación O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
24/11/2020 19:00
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.