Eventos
Eventos
Buscador
18/11/2020 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A xerarquía dentro dun deseño é o orden e a importancia de certos elementos fronte a outros, isto quere dicir que segundo o que queramos comunicar a través dun deseño temos certos métodos de facer ca nosa visión dirixase a onde queramos, creando un camiño visual a través do deseño que creamos. A xerarquía está presente en todo tipo de deseños, dende a papeñería de empresa,deseño de envases, tarxetas de visita, ata publicacións de redes sociais e estructuras de páxinas web. Neste obradoiro veremos que métodos podemos utilizar para xerar máis atención visual e analizaremos deseños para poder aplicalos despois aos nosos propios deseños. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.