Eventos

Buscador

    a
Obxectivo:

O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web.
Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. 

Contidos: 
•	Dimensións métricas e valores 
•	As vistas
•	Os obxectivos 
•	Embudes de conversión
•	Referencia de tráfico de campañas

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obxectivo:
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. 

Contidos:
• Introdución: marca persoal
• Crea a túa sinatura profesional
• Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico
• Configura Gmail para respostas estándar
• Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados
• Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia

O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital.
Obradoiro dirixido a usuarios de WordPress con un coñecemento básico que desexen afondar no uso das ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.
Este obradoiro basease na premisa de que os asistentes están familiarizados con WordPress ou teñen asistido ao taller básico de WordPress.

Contidos:

• Xestión de usuarios
• Exportar e importar contido
• Actualizacións
• Plugins de interese
• Integración con redes sociais
• Formularios
• Ferramentas básicas de SEO e analítica
• Copias de seguridade
• Repositorios de temas

O ponente será Jorge Fernández, director de proxectos en Hacce.  Licenciado en Publicidade e RRPP e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo.  Experiencia de máis de 9 anos realizando proxectos dixitais para empresas privadas de ámbito nacional e internacional, traballando para marcas como Estrella Galicia, Ramón Bilbao,  Inveravante, La Voz de Galicia, PSA ou Paco&Lola.