Eventos
Eventos
Buscador
15/02/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Booking.com é o principal portal en liña na venda de aloxamento no noso país. É a maior OTA, Axencia de viaxes en liña, tanto por ingresos como por pernoitas. Booking, conta con 430 millóns de usuarios anuais e máis de 1 millón de reservas por día. Este portal en liña visibiliza anuncios de propiedades en máis de 227 cidades, está dispoñible en máis de 40 idiomas e recibe 4,5 millóns de reservas á semana. Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, persoas autónomas e a empresas do sector turístico no que abordaremos cómo crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cáles son as condicións e vantaxes de formar parte desta plataforma dixital. Contidos: 1. Introdución 2. Crear anuncios de aloxamentos. 4. Optimización de nuncios. 5. Boas prácticas. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
16/02/2023 11:00
Obradoiro Presencial no punto SmartPeme de Cambados (Centro ExpoSalnés, Paseo da calzada s/n, 36630 - Cambados) O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D. Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas. Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro. Índice de contidos 1-Tendencias 2023 2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos 3-Demo Realidade Virtual O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
16/02/2023 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
20/02/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Este obradoiro ten o obxectivo de dar a coñecer ao asistente os riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet. A dixitalización, a crise sanitaria e a actual guerra son o campo de batalla perfecto para que os ciberdelincuentes despreguen todo o seu potencial delituoso e debemos de ser coñecedores deste tipo de riscos. Índice de contido - Ciberataques, que é un ciberataque. - Mapa mundial de ciberataques en tempo real. - Obxectivos dos ciberdelincuentes. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
20/02/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Este obradoiro está dirixido a pemes e autónomos, e tratará de dar a coñecer diversas utilidades relacionadas coas xestións administrativas coas administracións públicas (AAPP). O obxectivo principal deste obradoiro é dar a coñecer a obtención, utilización e aplicación das devanditas ferramentas e entre elas veremos todas as utilidades do DNI electrónico ( DNIe) e do certificado dixital ademais de querer aprender as súas vantaxes prácticas nos Primeiros pasos na Administración Electrónica. Índice: • Introdución á e-administración Beneficios do Inbound Marketing • Que é un Certificado Dixital? • Para que serve un Certificado • Como obter o noso Certificado Dixital • Que é o DNI Electrónico • Que é Cl@ve Identidade electrónica para as administracións • Chave 365 • Asina dixital O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
21/02/2023 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro relatarase como é o proceso de posta en marcha dun novo negocio. A constitución dunha empresa é un trámite que sempre xera custos. E non só custos monetarios, senón tamén un custo primordial de tempo, que é o recurso laboral máis valioso que posúe todo emprendedor. Con tal de aforrar en ambos os sentidos, é necesario ter coñecementos dos pasos e trámites que se deben levar a tanto para a creación dunha empresa como para o alta como empresario individual ou autónomo. ÍNDICE 1.Que é unha empresa 2.Clasificación das empresas 3.Tramites coa Administración O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
23/02/2023 11:00
Presencial no punto SmartPeme de O Porriño (Multicentro Ayuntamiento de O Porriño, Ribeira s/n, Torneiros, 36410 - O Porriño). O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, faremos un lixeiro repaso ás tecnoloxías emerxentes e a como evolucionaron outras xa existentes como o Blockchain ou a Impresión 3D. Dunha maneira máis ampla abordaremos o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de intelixencia artificial, veremos a evolución nos últimos meses, faremos un repaso sobre as principais aplicacións e exporemos unha serie de demos prácticas. Para finalizar, faremos unha visita á Realidade Virtual e mostraremos algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar en eventos empresariais e que se poden probar nas Experiencias Inmersivas que levamos a cobo no FabLab de Barro. Índice de contidos 1-Tendencias 2023 2-Novos algoritmos de IA, imaxes e textos 3-Demo Realidade Virtual O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom. A comunicación é a base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de visibilidade, captación e fidelización de clientes. Índice - Atención plena, observación e escoita activa - Todo comunica; corporalidade consciente (linguaxe non verbal) e linguaxe verbal - Comunicación asertiva para un entendemento efectivo - O cliente, o máis importante? - Comunicación dentro da estratexia; persuasión admisible eticamente e empatía - Estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación - Visibilidade máis alá das redes sociais Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva.
27/02/2023 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, que é o Malware”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes, como podemos saber se estamos infectados ou como me infectei dun Malware. Índice de contido - Que é o Malware. - Tipos de Malware. - Como saber se estamos infectados. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom. As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto. En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas. 1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar. 2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo). 3. Animación e gifs con canva. 4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións). O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.