Eventos
Eventos
Buscador
18/10/2017 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
19/10/2017 11:00
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña. No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social. Índice de contidos • Introdución • Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook • Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook” • CoolTabs • EasyPromos • Trisocial • Tuapli O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
19/10/2017 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social. Índice de contidos • Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características • Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite • Funcionalidades • Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas
19/10/2017 19:00
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos que queiran potenciar a rede social de Facebook para a consecución dos seus obxectivos, como a posta en marcha de promocións, o aumento de persoas seguidoras ou mesmo a creación dunha tenda en liña. No obradoiro aprenderás a alcanzar estes obxectivos a través destas aplicacións externas, que se integran perfectamente na rede social. Índice de contidos • Introdución • Crear novas aplicacións e pestanas en Facebook • Práctica: “Crear unha pequena tenda en liña en Facebook” • CoolTabs • EasyPromos • Trisocial • Tuapli O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce Realízase en colaboración con AJE Vigo, impartíndose nas súas instalacións.
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando máis de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
23/10/2017 19:00
O obxectivo deste obradoiro é mostrar as claves para a realización de fotos que comuniquen e inviten á experiencia, aprender cales son eses elementos da composición visual que te axudaran a facer fotografías que transmitan a esencia do teu establecemento turístico e do espazo rural que o rodea. Índice de contidos • A clave esta en comunicar • É o equipo un factor determinante a hora de acadar fotografías atractivas? • Cales son os elementos básicos que se requiren para fotografía co SmartPhone? • Antes de disparar ha de saberse mirar. • A regra dos terzos • Que se precisa para gravar un vídeo? • Softwares mais empregados para crear presentacións con fotos e vídeos • Conclusións O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
24/10/2017 19:00
O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube. Índice de contidos • Que é la fotografía de interiores? • Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil? • Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging? • Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo. • Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano” • Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara. • Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
24/10/2017 19:00
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
25/10/2017 19:00
Este obradoiro informativo está orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira máis detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. Índice de contidos • Factores para mellorar a túa presenza en internet • Introdución en redes sociais • SMP-Social Media Plan en redes sociais • Técnicas de vendas en redes sociais • Recomendacións de actuación • Casos de éxito: exemplos reais sobre éxito en redes sociais O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.