Eventos
Eventos
Buscador
30/04/2019 18:00
Un CRM ou " Customer Relationship Management" é unha ferramenta que permite centralizar nunha única base de datos todas as interaccións entre unha empresa e os seus clientes de forma clara e organizada. Está orientada a xestionar tres áreas básicas: a xestión comercial, o márketing e servizo postventa ou de atención ao cliente. Neste obradoiro, crearemos de cero un CRM, paso por paso, e coñeceremos das funcionalidades mais importantes para comezar a empregalo e sacarlle o máximo partido. Índice de contidos: - Introdución - Concepto de CRM - Características do CRM - Zoho CRM - Sugar CRM O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
30/04/2019 18:00
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura. Índice de contidos: - Introdución . Conceptos básicos. - Que é SEO? Técnicas SEO. - Posicionamento interno - Posicionamento externo - Penalización nos motores de búsqueda - Ferramentas SEO - Taller SEO
30/04/2019 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos: • Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? • Uso persoal vs. uso profesional • Aspectos a ter en conta • Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos Contido: 1º Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello 2º Outros xestores de proxectos e tarefas 3º TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
30/04/2019 19:00
A identidade dunha empresa represéntase a través dun conxunto de elementos ou símbolos que son capaces de definir o concepto de marca. A través deses elementos ou símbolos, a nosa imaxe convértese en única e reconocible ante o mundo. É por iso que temos que destinar esforzos a crear unha identidade visual sólida, reconocible universalmente, que teña sentido e correspóndase coa misión e valores da empresa. Índice de contidos: 1. Que saber antes de empezar a crear a nosa identidade? 2. Que hai que ter en conta para elixir nome e deseño 3. Que hai que ter en conta para elixir o estilo para a nosa identidade 4. Práctica: Creación do logotipo con Canva 5. Consellos finais O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.