Eventos
Eventos
Buscador
14/11/2019 19:00
Índice de contidos 1. Crea o teu logotipo. 2. Deseña a papelería da marca. 3. Deseños para Redes Sociais. 4. Deseños para a páxina web. 5. Prácticas con Canva. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos. Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing. Índice de contidos: 1. Introdución á analítica en Redes Sociais 2. Obxectivos e métricas máis importantes 3. Análise por rede social 3.1. Facebook 3.2. Instagram 3.3. Twitter 3.4. Linkedin 4. Ferramentas de analítica O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
14/11/2019 19:00
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa. Índice de contidos: - Aumenta as túas vendas durante estas festas - Como facer uso das túas redes sociais - Que actividades pódense realizar - Google Adwords e Facebook Ads - Ferramentas de monitoraxe - Exemplos de campañas exitosas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
15/11/2019 10:00
- Un pouco de historia, sistemas de impresión 3D - Impresión FDM e FFF, aspectos técnicos - Obtención de modelos 3D - Laminación con CURA - Impresión práctica - Usos real da impresión 3D en xoiería O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
19/11/2019 17:00
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada. Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios. Contidos: ¿Qué é un motor de reservas? ¿Qué é un channel manager? Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
19/11/2019 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar. O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Contidos: • Que é Inbound Márketing • Beneficios do Inbound Márketing • Como se articula o Inbound Márketing • Márketing de atracción • Como crear a túa buyer persoa ideal • A importancia do funnel ou embude de conversión • Tendencias en Inbound Márketing O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
19/11/2019 19:00
Índice de contidos 1. Crea o teu logotipo. 2. Deseña a papelería da marca. 3. Deseños para Redes Sociais. 4. Deseños para a páxina web. 5. Prácticas con Canva. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados. Índice Contidos 1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización. 2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding. 3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
19/11/2019 19:00
O obradoiro consistirá en orientar aos usuarios para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas datas. Aprenderán cales son as ferramentas e os pasos que han de seguir para que a campaña sexa exitosa. Índice de contidos: - Aumenta as túas vendas durante estas festas - Como facer uso das túas redes sociais - Que actividades pódense realizar - Google Adwords e Facebook Ads - Ferramentas de monitoraxe - Exemplos de campañas exitosas O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento