Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

"Ciberseguridade, Ransomware e suplantación de identidade", o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Ransomware, en que consiste, como afecta. A suplantación de identidade é un tipo de ciberataque que esta crecendo en en popularidade e adopta multiples formas e aprovéitase das distintas circunstancias que se producen en cada territorio.

Índice de contido

- Que é o Ransomware.
- Que é a suplantación de identidade.
- Como protexernos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Co obxectivo de impulsar a difusión do coñecemento e a adopción de servizos tecnolóxicos aplicados ao sector turismo, o servizo Smartpeme da Deputación de Pontevedra organiza a Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Turístico. Nesta xornada, diversas empresas presentarán as solucións tecnolóxicas que desenvolveron e que son aplicables á industria turística.

Esta iniciativa serve como vitrina destacada para aquelas empresas interesadas en ofrecer servizos tecnolóxicos específicos para o turismo, brindándolles a oportunidade de exhibir as súas innovacións. A Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Turístico tamén facilitará o establecemento de novas relacións empresariais e a xeración de colaboracións entre os participantes que forman parte desta industria crucial para a provincia de Pontevedra.

A xornada realizarase en formato en liña, a través da ferramenta Zoom, de forma que sexa posible facilitar a asistencia a todas aquelas persoas interesadas en acudir.
Brevo é o novo nome da ferramenta de Email Marketing, Sendiblue. Esta app para xenerar newsletter permite crear un propio CRM, manter ordeadas e clasificadas as nosas bases de datos e poder automatizar procesos. Queres aprender a facer as túas propias campañas? Neste obradoiro coñecerás como facer unha newsletter, axustar a ferramenta ás túas necesidades e aprender a facer a túa base de datos.

Índice:
1. Que é Brevo 
2. Como crear unha campaña de email marketing 
3. Trucos e Consellos

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer qué é e para que serve un plan de empresa, así como as partes que o compoñen. Nele, proporcionaremos as chaves para desenvolver o modelo de negocio que se adapte ao teu sector.

Índice de contido:

- Claves para desenvolver un modelo de negocio.
- Qué é e para que serve un plan de empresa?
- Partes dun plan de empresa.
- Preguntas e recursos.
- Exemplos para a parte práctica.

O obradoiro será impartido por Eva Pérez, Economista e con Postgrao en Xestión Empresarial da Innovación, vinculada ao mundo do emprendemento e da empresa a través de distintas iniciativas.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, uso dunha VPN”, o obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN, porque debemos usar unha VPN, de que forma protéxenos o uso de VPN.

Índice de contido

- Que é unha VPN e para que serve.
- VPN gratuítas.
- Configuración de Protón VPN.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Airbnb é unha plataforma en liña que se creou en 2008 en San Francisco, hoxe en día é unha das maiores páxinas de anuncios para alquileres vacacionais que existe, ainda que a presenza de aloxamentos hoteleiros está a incrementarse. Neste portal teñen presencia apartamentos, hoteis, casas rurais e incluso aloxamentos singulares, como caravanas ou cabanas. Igualmente é posible reservar una visita a unha adega, unha ruta gastronómica, a visita ao casco histórico dunha vila ou unha experiencia ou obradoiro virtual.
En este obradoiro adicado a persoas emprendedoras, autónomos e a empresas do sector turístico falaremos de cómo convertirse en anfitrión de aloxamentos e actividades e cales son as condicions e ventaxes de formar parte dunha plataforma dixital.

Contidos:

1. Introdución
2. Crear anuncios de aloxamentos en Airbnb
3. Crear anuncios de experiencias e actividades en Airbnb.
4. Optimización de nuncios
5. Boas prácticas.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Obradoiro telemático a través de zoom.

Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, o Phishing”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Phishing que é a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva por tanto é fundamental coñecelo, saber as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia.

Índice de contido

- Que é o Phishing.
- Tipos de Phishing,
- Como protexernos.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Capcut é a nova ferramenta en liña para crear vídeos, deseños e con IAs moi potentes. Esta é a segunda parte do itinerario Capcut en liña, onde veremos como deseñar publicacións en redes sociais con esta ferramenta. Examinaremos a súa interface e as opcións que ofrece, as súas vantaxes e desvantaxes en relación con outras ferramentas, e como usar as súas plantillas para as nosas publicacións. Un paso máis á hora de usar ferramentas gratuítas nos teus deseños.

Índice:
1- Que é Capcut en liña.
2- Opcións de deseño.
3- Ferramentas de deseño internas.
4- Crea o teu deseño.
5- Gardado e recursos.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.