Eventos

Buscador

    a
"Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa.

Índice de contidos
• Que é Facebook? 
• Como facer un uso profesional de Facebook
• Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades
• Crear unha páxina en Facebook
• Configuración e xestión da nosa páxina
• Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos.
• Ferramentas de publicación e estatísticas

O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores."
Anterior  1 2 3 4