Eventos
Eventos
Buscador
05/04/2018 19:00
Nesta sesión informativa daremos a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos • Introdución a Whatsapp • Whatsapp vs. Whatsapp Business • Novas funcionalidades • Whatsapp Márketing O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
05/04/2018 19:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos. Valoraremos ferramentas que facilitan a creación de modelos profesionais e que nos permitan combinar as nosas bases de datos coa información, conseguindo unha resposta áxil e personalizada cara ós nosos clientes e colaboradores, onde poderemos mostrarlles os nosos servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contidos • Introdución: marca persoal • Crea a túa sinatura profesional • Xera o teu persoal HTML para mercadotecnia por correo electrónico • Configura Gmail para respostas estándar • Crea as túas BB. DD. en Excel para correos personalizados • Configura o teu persoal de correo para a combinación de correspondencia O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
06/04/2018 17:00
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Introdución a Instagram • Por que a miña empresa debería estar en Instagram? • O perfil de empresa en Instagram • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
09/04/2018 19:00
Índice de contidos O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
09/04/2018 19:00
Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario. Realizarase tamén unha breve introdución a instagram. Índice de contidos • Introducción a Facebook • Crear unha páxina de empresa • Aprendendo a anunciar en Facebook • Instagram para empresas • Ferramentas para ter éxito en Facebook O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
09/04/2018 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Neste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, preténdese dar unha visión inicial sobra a publicidade de pago no buscador Google. Daranse as claves para realizar unha campaña de éxito tendo en conta parámetros como, por exemplo, efectividade, medición, conversión e optimización. Trátase de accións publicitarias para os que queiran dirixir tráfico á súa páxina web pagando por aparecer nos primeiros lugares do buscador con ligazóns patrocinadas, ou ben noutros portais web, de forma segmentada e dirixida. Índice de contidos • Introdución • Crea a campaña • Grupos de anuncios • Palabras clave • Crea os anuncios • Deseña a páxina web de destino • Establece o orzamento • A poxa • Realiza un seguimento das conversións • Interpreta os datos • Optimiza as campañas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
10/04/2018 17:00
A transformación dixital das Pemes é un elemento necesario e con múltiples beneficios. Con todo, existen certas barreiras iniciais que nos impiden avanzar, aínda sabendo que o necesitamos. Analizaremos estas cuestións a través do caso real dunha empresa especializada en economía circular e o consumo responsable no sector da gastronomía e o turismo. Índice de contidos • Por que da incorporación da tenda online á tenda física? • Pasos a seguir para a transformación e integración da tenda online • Servizos ofertados: turismo e gastronomía (consumo local, cociña saudable…) • Vantaxes e desvantaxes • Economía colaborativa Este obradoiro será impartido por Yolanda Valcárcel, empresaria e emprendedora de diferentes servizos turísticos e gastronómicos. Profesional do turismo e responsable de proxectos europeos en economía circular e produción sustentable.
10/04/2018 19:00
Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí. Índice de contidos • As redes sociais • Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin. • Creando o seu propio blog • Traballando con RRSS O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC.
10/04/2018 19:00
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma. Índice de contidos • Introdución • Aspectos a ter en conta nunha tenda online • Prestashop: concepto e proceso de intalación • Instalación dunha plantilla • Personalización dunha plantilla • Recursos web O obradoiro será impartido por José Luis Peñas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.