Eventos
Eventos
Buscador
04/07/2019 18:00
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
04/07/2019 19:00
Obxectivos: - Coñecer os diferentes tipos de marketplaces que existen na internet - Detectar os grupos de clientes aos que se pode chegar a través de cada un deles - Definir unha estratexia apropiada de entrada nos marketplaces baseada na tipoloxía e obxectivos de negocio. - Coñecer a técnicas e procedementos para sacar o maior proveito da presenza da empresa en marketplaces. - Valorar, en base a métricas, a rendibilidade e idoneidade da presenza en plataformas de terceiros (ROI). Contido: 1. Tipos de Marketplaces 2. Marketplaces en base a target de clientes 3. Estratexias de Negocio para marketplaces 4. Claves para sacar o máximo rendemento á nosa presenza en markets 5. Como mido a miña rendibilidade en marketplaces? O obradoiro será impartido por Xavi Haro, especialista en comercio electrónico con máis de 10 anos de experiencia en tendas en liña, SEO e Analítica web
04/07/2019 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais. Índice de contidos: - Que é un blogue? - Como se crea un blogue? Publicación de entradas. - Aspectos que melloran o posicionamento SÉ. - Postear entradas en redes sociais. - Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web. - Ferramentas de interese. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
09/07/2019 17:00
Contido: 1. Zumbador, LDR 2. Máquina de estados 3. Comprobar o valor de…. Se é igual a…. 4. Programación dun Luzómetro O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
09/07/2019 17:00
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada. Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios. Contidos: ¿Qué é un motor de reservas? ¿Qué é un channel manager? Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
09/07/2019 18:00
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
09/07/2019 19:00
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. Índice de contidos: • Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories" • Facebook Stories • Instagram Stories • Estratexia de contidos O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
11/07/2019 17:00
Contido: 1. Máquina de estados do ascensor 2. Programación en Bitbloq O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación
11/07/2019 17:00
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local. Contido: - Introdución - Técnicas de márketing para a súa promoción - Plataformas tecnolóxicas de comercialización - Boas prácticas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
11/07/2019 19:00
Este obradoiro céntrase no posicionamento SEO, a tipoloxía interna e externa e as técnicas que existen actualmente para poder impulsalo e mellorar o tráfico da nosa páxina web. Ademais explícase con detalle as accións que non debemos levar a cabo xa que Google penaliza e pode chegar a eliminar a páxina web dos resultados de procura. Índice de contidos: - Introducción . Conceptos básicos. - ¿Qué es SEO? Técnicas SEO. - Posicionamiento interno - Posicionamiento externo - Penalización en los motores de búsqueda - Herramientas SEO - Taller SEO O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, ransomware e suplantación de Identidade06 de maio de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes II07 de maio de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas08 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, uso da VPN13 de maio de 2024 10:30Máis información
- Márketing Dixital en TikTok14 de maio de 2024 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento