Barro- Robótica con APP Inventor I

Data Inicio:  05/09/2019 17:00    
Data Fin:  05/09/2019 21:00 Duración:  4:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obxectivo deste taller a introdución na creación de Aplicacións para dispositivos Android desde o punto de vista da robótica. Crearemos unha APP que sexa capaz de comunicarse  bidireccionalmente coa placa Arduino, será capaz de enviar e recibir datos en tempo real; para iso, deseñaremos unha APP para controlar un robot con sensores de ultrasóns, debe funcionar en modo manual e automático á vez que mostrará a lectura do sensor en pantalla. O  soft empregado para crear a APP é App Inventor e o  soft para programar a placa  Bitbloq.

Aínda que con App Inventor partimos desde 0, se é necesario ter coñecementos previos de programación con Arduino ou estar familiarizado coa contorna de programación de  Bitbloq.

É recomendable traer o seu propio portátil e un dispositivo (móbil ou  Tablet) Android.  IO non vale.  Tambien é necesario ter unha conta de GOOGLE.

Contidos: 
1-	Que é App Inventor?
2-	Acceso e rexistro
3-	Compoñentes da pantalla principal
4-	Primeira APP
5-	Visualización no móbil da APP
6-	 Bitbloq e comunicación  por porto serie
7-	Acender e apagar un  led desde o computador

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse