Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email

Data Inicio:  28/10/2024 17:00    
Data Fin:  28/10/2024 19:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados).

Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital.
Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos.
Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional.
Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email.
Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas.

Índice de contidos:

1. Introdución ao e-mail Márketing.
2. Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing
3. Deseño en e-mail Márketing
4. Ferramentas
5. Recomendacións para crear campañas perfectas
6. Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email
7. Crea unha campaña de email
8. Contidos: estrutura e persoais
9. Audiencia: público obxectivo
10. Informes

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/njiPQ4fZBkLteNB66
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Decembro 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31