Evento
Programación con Arduino Módulo II - Parte II
Data Inicio: | 23/05/2024 10:30 | ||
Data Fin: | 23/05/2024 13:30 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático vía Zoom. O obxectivo do itinerario é iniciarse e adquirir unha certa fluidez cunha das linguaxes de programación máis populares na actualidade como é Arduino, o que farémolo desenvolvendo unha serie de obradoiros teóricos en liña e a realización de obradoiros prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como; a programación dunha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico. O itinerario completo é de 24 horas de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous módulos: -Programación con Arduino Modulo I; Consta de 3 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 1 obradoiro práctico presencial de 4 horas de duración. Así, un total de 10 horas formativas. -Programación con Arduino Modulo II; Consta de 4 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 2 obradoiros prácticos presenciais de 4 horas de duración cada un. Así, un total de 14 horas formativas. Índice: Programación con Arduino Modulo II-Parte II (3 horas): -Hidroponía, que é, conceptos básicos. -Librería. -O noso sistema hidropónico. -Proposta de programación. O taller será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/i3ucykF93raD2vqX9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse