Evento
Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro
Data Inicio: | 20/05/2024 10:30 | ||
Data Fin: | 20/05/2024 11:30 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura”, o obxectivo deste obradiro é facer ver ao usuario a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinta para cada servizo, veremos tamén a forma de construír un contrasinal seguro. Índice de contido: - A importancia dos contrasinais. - Deseñar un contrasinal seguro. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/mxeAf7G1TeMZHmem8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse