Evento
Técnica e composición en fotografía
Data Inicio: | 01/12/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 01/12/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Cando comezamos no mundo da fotografía temos que ter en conta moitas cousas, desde o formato empregado, ata a luz e como afecta a nosa fotografía, hai moitos elementos que non se poden deixar ao azar e que podemos controlar para facer o tipo fotografía que queremos e do xeito que precisamos. Neste obradoiro imos ver técnicas, características e composicións que podemos levar a cabo ao sacar as nosas fotografías, xa sexa cun teléfono móbil ou coa nosa cámara máis profesional. Aprenderemos que podemos controlar dentro do marco da fotografía para ser o máis creativos posibles e deste xeito facer unha fotografía interesante e que chame a atención. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/He7m4tKqs9ytbsQb8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse