Evento
CRM como aliado para conquistar ao cliente
| Data Inicio: | 10/01/2023 12:00 | ||
| Data Fin: | 10/01/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mercado actual, ante o incremento da competencia a nivel global, debemos contar con negocios “cliente-céntricos”, é dicir, poñer ao cliente no centro da nosa estratexia. A xestión da relación cos clientes (Customer Relationship Management ou CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Os software CRM permiten realizar un seguimento exhaustivo e automatizar procesos, de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Neste obradoiro aprenderemos como implementar o concepto CRM na nosa filosofía de traballo e como os software CRM axúdannos nesta tarefa. Índice: 1. Marketing relacional 2. O concepto CRM 3. Que é e como elixir un software CRM 4. Exemplos de software CRM O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/dQKZQbc4RnatdHkq8 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Agosto 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | ||||||
Non hai eventos
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento