Evento
Lalín - Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais
Data Inicio: | 13/01/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 13/01/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Tipo de Solución: | Producción de Contidos (Digital/3D) | ||
Obxectivo: Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Contido: - Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces - Termos máis usados no deseño gráfico - Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. - Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. - Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. - Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. - Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. - Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) - Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse